
V Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán (2024)
Bibliotecas Escolares:
Educadoras e Formadoras
-
«A biblioteca escolar proporciona información e ideas que son fundamentais para se desenvolver con éxito na actual sociedade da información e o coñecemento».
- «A biblioteca escolar dota aos estudantes con habilidades de aprendizaxe que permitiránlles aprender ao longo da súa vida e desenvolver a imaxinación, facendo posible que cheguen a vivir como cidadáns responsables».
-
Manifesto da Biblioteca Escolar IFLA/UNESCO (1999)
01. Data e lugar de celebración
Xoves 29 de febreiro de 2024 ás 17.00 horas,
Salón de actos do Ateneo Ferrolán, rúa Magdalena 202-204.
02. Programa
17.00 Inauguración
Fernando Rivera García, bibliotecario do Ateneo Ferrolán. Escoitar
Xabier Montero Dongil, presidente do Ateneo Ferrolán. Escoitar
José Antonio Ponte Far, concelleiro de Cultura de Ferrol. Escoitar
17.30 Conferencia
O Centro de Formación e Recursos de Ferrol
Por Manuel Losada Cabanas, director do CFR Ferrol. Escoitar
18.15 Conferencia
A biblioteca do CPI de San Sadurniño
Por Marta Díaz Tie, membro do equipo da biblioteca. Escoitar
19.00 Conferencia
A biblioteca «José Fontenla Leal» do Conservatorio Profesional de Música «Xan Viaño»
Por Águeda Gutiérrez Escudero, responsable da biblioteca. Escoitar
19.45 Conferencia
Unha biblioteca para a Formación Profesional: CIFP Ferrolterra
Por Juan Casal Mera, profesor de Electrónica e ex-coordinador da biblioteca. Escoitar
20.30 Coloquio
Modera Beatriz L. Miragaya, coordinadora das xornadas.
03. Inscrición
Non é precisa inscrición. A asistencia é libre e gratuíta, até completar o aforo do salón de actos.
04. Diploma
As persoas interesadas en obter o diploma de asistencia ás xornadas teñen que escribir a: biblioteca@ateneoferrolan.org indicando nome completo e apelidos, e número de documento de identidade antes do día 29 de febreiro de 2024. É imprescindíbel asinar as follas de control ao comezo das sesións para verificar a asistencia efectiva do/a interesado/a.
05. Rexistro sonoro
O programa de conferencias das edicións anteriores, e os arquivos de son coa gravación das xornadas, están dispoñibles no repositorio dixital da Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán no Internet Archive:
- I edición (2013). Arquivos e bibliotecas na preservación do patrimonio local.
- II edición (2015): Arquivos para a cidadanía. Arquivos da cidadanía.
- III edición (2016): Bibliotecas especializadas: Experiencias.
- IV edición (2017): Medios de comunicación social. Medios sociais.
- V edición (2024): Bibliotecas escolares: Educadoras e formadoras.