III Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán

Bibliotecas Especializadas:
Experiencias.

  • O papel das bibliotecas especializadas como instrumento social
  • Experiencias nas bibliotecas especializadas

DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN

Xoves 1 e venres 2 de decembro de 2016 ás 17.00 horas no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán sito na rúa Magdalena 202-204 de Ferrol.

PROGRAMA

Como instrumento social, as bibliotecas especializadas proporcionan elementos informativos a investigación (científica, humanística e social), a educación e a formación académica e lúdica en ámbitos socias moi concretos. Dita contribución merece quedar reflectida en traballos que permitan inferir esas achegas e, a súa vez, expoñer as necesidades e debilidades ás que están comprometidas, polo tanto, afín dos anos anteriores e continuando co propósito de dar visibilidade e comunicar á sociedade a importancia do traballo que realizan os arquivos, bibliotecas e centros de documentación o Ateneo Ferrolán presenta as III Xornadas de documentación.

XOVES 1 DE DECEMBRO

17.00 Inauguración

Suso Basterrechea, Concelleiro de Cultura do Concello de Ferrol.
Francisco X. Iglesias Mouriz, da Xunta Xestora do Ateneo Ferrolán.
Fernando Rivera, bibliotecario do Ateneo e coordinador das xornadas.

17.30 Conferencia inaugural

Rocío Ameneiros Bibliotecas e coleccións especializadas.
Por Rocío Ameneiros Rodríguez, profesora e vicedecana da Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña. 

18.30 Conferencia

Novas actividades de formación na Biblioteca do Campus de Esteiro “Casa do Patín.
Por Tomás Lagunas Montero, facultativo de Arquivos e Bibliotecas da Universidade da Coruña. Biblioteca do Campus de Esteiro “Casa do Patín”. 

19.30 Conferencia

Bibliotecas da Escuela Antonio de Escaño da Armada.
Por Eliseo Fernández Fernández, responsable da Biblioteca Técnica da "Escuela de Especialidades Antonio de Escaño", Armada Española.  

20.30 Coloquio

Modera Fernando Rivera, bibliotecario do Ateneo Ferrolán e coordinador das xornadas.

VENRES 2 DE DECEMBRO

17.00 Conferencia

EPAPU O Centro Público de Educación e Promoción de Adultos de Teixeiro (E.P.A.P.U.), Centro Penitenciario de Teixeiro.
Por María Jesús Amado Silvar, xefa de estudos do Centro, Antonio Bernárdez Sobreira, coordinador da Biblioteca e José Antonio González Barbeito, director do EPAPU de Teixeiro. 

18.00 Conferencia

A biblioteca do Real Seminario “Santa Catalina” de Mondoñedo.
Por Félix Villares Mouteira, director da Biblioteca do Real Seminario de Mondoñedo e do Arquivo Diocesano de Mondoñedo-Ferrol. 

19.00 Conferencia

Dunha biblioteca hospitalaria presencial a unha biblioteca virtual.
Por Uxía Gutiérrez Couto, bibliotecaria do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF). 

20.00 Coloquio

Modera Fernando Rivera, bibliotecario do Ateneo Ferrolán e coordinador das xornadas.

REXISTRO SONORO


Tedes todas as intervencións dispoñíbeis para descarga en Internet Archive.

INSCRICIÓN

Non é precisa inscrición. A asistencia é libre e gratuíta, até completar o aforo do salón de actos.

DIPLOMA

As persoas interesadas en obter o diploma de asistencia ás xornadas deberán escribir a biblioteca@ateneoferrolan.org indicando nome completo e apelidos, e número de documento de identidade antes do día 30 de novembro. A emisión do diploma ten un custe de 5 euros en concepto de gastos de xestión, que se aboan no momento da entrega ao termo das xornadas na Secretaría do Ateneo Ferrolán. É imprescindíbel asinar as follas de control ao comezo das sesións para verificar a asistencia efectiva do/a interesado/a.

CARTAZ E TRÍPTICO

ORGANIZA

Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204 15402 Ferrol
Teléfono 981 357 970 (Biblioteca)
Contacto:
Fernando Rivera biblioteca@ateneoferrolan.org