II Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán

Arquivos para a cidadanía
Arquivos da cidadanía

  • O papel dos arquivos da administración pública e das institucións privadas no servizo á cidadanía.
  • Experiencias na creación de arquivos e centros de documentación baseados na aportación e colaboración colectivas.

Data e lugar de celebración

Xoves 15 de outubro de 2015 ás 17.00 horas, no salón de actos do Ateneo Ferrolán, rúa Magdalena 202-204.

Programa

17.15 Inauguración

Suso Basterrechea, concelleiro de Cultura de Ferrol.
Eliseo Fernández, presidente do Ateneo Ferrolán.
Xoán Porto, coordinador das xornadas.

17.30 Conferencia

Pedro López Os arquivos e os cidadáns: algúns problemas do noso tempo
Por Pedro López Gómez, profesor honorario da Universidade da Coruña e presidente do padroado da Fundación Olga Gallego

18.30 Ponencias

Arquivo e dominio: repensando os arquivos para a cidadanía
Por Gaspar Domínguez, @SCQlab
Arquivos da cidadanía: Fálame de San Sadurniño
Por Manolo González e Carmen Suárez, responsables do proxecto Fálame de San Sadurniño

20.00 Coloquio

Modera Fernando Rivera, bibliotecario do Ateneo Ferrolán.

Rexistro sonoro das II Xornadas

Os arquivos de audio de todas as intervencións están dispoñibles para descarga a través do Internet Archive.

Inscrición

Non é precisa inscrición. A asistencia é libre e gratuita, até completar o aforo do salón de actos.

Diploma

As persoas interesadas en obter o diploma de asistencia ás xornadas teñen que escribir a biblioteca@ateneoferrolan.org indicando nome completo e apelidos, e número de documento de identidade antes do día 15 de outubro. A emisión do diploma ten un custe de 5 euros en concepto de gastos de xestión, que se aboan no momento da entrega ao termo das xornadas na Secretaría do Ateneo Ferrolán. É imprescindíbel asinar as follas de control ao comezo das sesións para verificar a asistencia efectiva do/a interesado/a.

Organiza

Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204 15402 Ferrol
Teléfono 981 357 970 (Biblioteca)
Contacto:
Fernando Rivera biblioteca@ateneoferrolan.org
Coordinación: Xoán Porto xoan.porto@xoanporto.com Tel. 628 086 596