IV Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán

MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOCIAL. MEDIOS SOCIAIS: EXPERIENCIAS

DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN

Xoves 14 e venres 15 de decembro de 2017 ás 17:00 no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán sito na rúa Madalena 202-204 de Ferrol.

PRESENTACIÓN

O desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación supón un cambio no paradigma comunicativo, configurando un novo sistema de información nos medios convencionais ao incorporar unha nova interacción coa sociedade, unhas novas redes sociais.

A presente voracidade informativa evidencia a importancia do manexo, directa ou indirectamente, das técnicas documentais, e son os profesionais que, grazas a súa formación e as habilidades adquiridas na praxe laboral, fan fronte ao vórtice informativo demandado polas masas.

Polo tanto, achegar á cidadanía a realidade cotiá do traballo das institucións e profesionais dos medios de comunicación social, constitúe a finalidade das IV Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán.

XOVES 14 DE DECEMBRO

17.00 Inauguración

Suso Basterrechea, Concelleiro de Cultura de Ferrol.
Fran X. Iglesias, da Xunta Xestora do Ateneo Ferrolán.
Fernando Rivera, bibliotecario do Ateneo e coordinador das xornadas.

17.30 Conferencia inaugural

Germán Castro Da información de boa fe ao xornalismo documentado.

Germán Castro Tomé, xornalista e director fundacional do Diario de Ferrol

18.10 Conferencia

Marta Corral
Apuntamentos do novo xornalismo dixital no eido local

Marta Corral, xornalista de Ferrol360

18.50 Conferencia

José Pardo Do fotoxornalismo local á fotografía arqueolóxica en Palestina: experiencias

José Pardo Vázquez, fotógrafo

20.00 Coloquio

Modera Fernando Rivera, bibliotecario do Ateneo Ferrolán e coordinador das xornadas.

VENRES 15 DE DECEMBRO

17.30 Conferencia

Ada Romero La radio como medio de comunicación social. 50 anos de COPE Ferrol

Ada Romero Sixto, comunicadora de Radio COPE Ferrol

18.00 Conferencia

Xoán Porto
Memoria e arquivo nos medio sociais

Xoán Porto, documentalista 

18.45 Conferencia

Carmen Rial Unha visión non oficial da arquivística e os arquivos militares en Twitter

Carmen Rial, Arquiveira do Estado 

19:30 Coloquio

Modera Fernando Rivera, bibliotecario do Ateneo Ferrolán e coordinador das xornadas.

REXISTRO SONORO

Intervención inaugural:

Tedes o resto das intervencións dispoñíbeis para escoita e descarga en Internet Archive.

INSCRICIÓN

Non é precisa inscrición. A asistencia é libre e gratuíta, até completar o aforo do salón de actos.

DIPLOMA

As persoas interesadas deberán escribir a biblioteca@ateneoferrolan.org indicando nome completo, apelidos e DNI antes do 14 de decembro. 5 euros por gastos de xestión a abonar na Secretaría do Ateneo Ferrolán ao recibir o diploma. É imprescindíbel asinar as follas de control ao comezo das sesións para verificar a asistencia efectiva do/a interesado/a.

CARTAZ E PROGRAMA

ORGANIZA

Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204 15402 Ferrol
Teléfono 981 357 970 (Biblioteca)
Contacto:
Fernando Rivera biblioteca@ateneoferrolan.org